Este sitio usa cookies para axudarnos a ofrecer servizos de calidade. Usando os nosos servizos, acepta o uso das cookies.


UN PROXECTO DE TODOS, E PARA TODOS

Últimas Novas

XORNADA INFORMATIVA PROXECTO NUTRIAGE

Xornada informativa Proxecto Nutriage:

Promoción do envellecemento saudable a través da nutrición e a dieta atlántica

03 de outubro de 2019 | Salón de actos de CERSIA Empresa

Enmarcada no proxecto europeo Nutriage, o 3 de outubro terá lugar a xornada “Promoción do envellecemento saudable a través da nutrición e dieta atlántica” que o Clúster Alimentario de Galicia organiza no salón de actos de CERSIA Empresa.

Na devandita xornada daranse a coñecer os resultados do desenvolvemento do proxecto Nutriage, cuxo obxectivo é asegurar o envellecemento saudable da poboación a través dunha alimentación baseada na dieta atlántica. Tamén, abordarase o envellecemento saudable e dieta atlántica desde unha perspectiva científica e a alimentación sénior e as súas oportunidades de negocio.

No evento participarán profesionais do ámbito da saúde, do marketing e o sector da alimentación. A xornada desenvolverase en horario de mañá, de 9 a 14:15 horas no salón de actos de CERSIA Empresa (Alcalde Raimundo López Pol, s/n -San Lázaro-,15703 Santiago de Compostela).

Inscripción

Programa


Nutriage

Un proxecto de todos ...
e para todos.

Misericordia Oporto
Usc
Católica Faculty of Biotechnology
Fidis
Portugal Foods
Viana Do Castelo
Cluster Alimentario Galiciaa
Anfaco Cecopesca